jueves, 3 de abril de 2008

Búsqueda de información

Introducción
A sinalización (transmisión de información de control entre nodos) na rede telefónica resolveuse de maneiras distintas ao longo do tempo. En concreto, a información de control que intercambian os dous extremos do bucle de abonado realizouse tradicionalmente de maneiras distintas: primeiramente de modo manual a través de operadores humanos, a posteriori mediante LD (loop disconnect), que era o sistema do disco de marcar xiratorio presente ata os 90, despois con DTMF e finalmente con transmisión dixital de datos, que é o que se emprega actualmente en bucles DSL ou cable.

DTMF

Aquí centrarémonos nun dos pasos intermedios: o sistema de marcado mediante dous tonos multifrecuencia (Dual Tone Multi-Frequency), que foi unha solución máis eficiente que o LD, pero que non implicaba un excesivo coste na sustitución de terminais e unidades de marcado. Consiste na transmisión na banda de voz (a telefónica quédase co que hai entre 30 Hz e 3 KHz) da suma de dous tonos (cosenos), por tanto audibles polo ser humano. O sistema foi estandarizado polo UIT-T na recomendación Q.23, onde se especifican as frecuencias que corresponden a cada sinal. Estas asócianse coa disposición no teclado de cada número, solución que abarata o coste dos terminais, xa que mediante un sistema de interruptores é moi doada de implementar a selección. Sen embargo tamén existen máis sinais a maiores, como a de liña ocupada, liña libre, rechamada (US), A, B, C, D, *, # etc, estas últimas empregadas polos enxeñeiros para comunicarense con ordenadores mediante os terminais. Cómpre destacar que as frecuencias son distintas en Europa e nos Estados Unidos, onde simplemente descolgando o teléfono percibimos perfectamente a diferencia, que é perfectamente audible.
A solución analóxica nas unidades de marcado é filtrar paso banda con 8 filtros e decidir respecto do sinal transmitido.

As frecuencias dos tonos (wikipedia)
The tone frequencies, as defined by the Precise Tone Plan, are selected such that harmonics and intermodulation products will not cause an unreliable signal. No frequency is a multiple of another, the difference between any two frequencies does not equal any of the frequencies, and the sum of any two frequencies does not equal any of the frequencies. The frequencies were initially designed with a ratio of 21/19, which is slightly less than a whole tone. The frequencies may not vary more than ±1.5% from their nominal frequency, or the switching center will ignore the signal. The high frequencies may be the same volume or louder as the low frequencies when sent across the line. The loudness difference between the high and low frequencies can be as large as 3 decibels (dB) and is referred to as "twist". The minimum duration of the tone should be at least 70 msec, although in some countries and applications DTMF receivers must be able to reliably detect DTMF tones as short as 45ms.

DTMF can be decoded using the Goertzel algorithm.



Máis información
A medida que se vaia desenvolvendo o proxecto irase colgando máis información, como o manexo exacto do convertidor e o análisis e simulación en matlab do proceso de xeración dos tonos.

Referencias

Recomendación Q.23
Recomendacións ITU-T para implementar servicios DTMF
Wikipedia

No hay comentarios: